Cantardelas

O día 21 de decembro de 2025  participamos nun concerto solidario organizado pola Asociación de veciños San Xoán de Pena e a colaboración de Xuntos por Lugo, co obxectivo de apoiar a persoas en situación de vulnerabilidade durante estas datas festivas e tamén coa intención de fomentar a solidariedade e a participación veciñal.

O concerto tivo lugar na igrexa de San Xoán de Pena ás 18:30 h.  Aínda que a tarde estaba fría e con choiva, os veciños acudiron ó acto, enchendo a igrexa coa súa agarimosa presenza, para escoitar un amplo repertorio de cancions navideñas e populares, tamén achegaron as súas participacións para colaborar co obxectivo da asociación.