Bienvenidos

CANTAR DELAS é o único grupo coral de voces brancas da provincia de Lugo e agrupa  28 voces femininas dirixidas por Fernando Gómez Jácome. Celebrou o seu primeiro concerto en maio de 2008 e ao longo destes anos levou a cabo importantes proxectos culturais e musicais entre os que salientamos:

A interpretación coa Orquestra de Xove do STABAT MATER de Pergolesi en diferentes localidades da provincia de Lugo.

A interpretación, xunto co grupo Tundal das CANTIGAS DE MARTÍN CODAX e CANTIGAS DE SANTA MARÍA de AFONSO X O SABIO, en varias vilas lucenses.

A interpretación, xunto cos coros Lugh, Coro do Hospital e Sólo Voces, acompañados polo pianista Aurelio Chao, de pezas de Zarzuela e Ópera con grande éxito de público na nosa cidade e tamén en Vilalba.

A participación no Festival de Música Cidade de Lugo en maio de 2018 na sección de Produción Local: TRIBUTO A MONTES misa e outras pezas.

Concertos con diferentes núcleos temáticos: o amor, o desamor, música galega, música doutros países, así como un Concerto Didáctico no que se fixo un percorrido pola música dende a Idade Media ata a actualidade.

Salientamos, pola súa orixinalidade, dous concertos, o primeiro: CONTOS E CANTOS coa lectura de textos de literatura galega que gardan algunha relación coas pezas do repertorio musical escollido e o segundo: MULLERES LIBRES, SEMPRE en que se fai un percorrido pola historia da música dende o século XIII ata a actualidade e tamén se dá lectura á historia de mulleres gallegas representativas de cada século.

Ademais ten participado en diferentes efemérides organizadas polo Concello de Lugo e por outros organismos privados: Día das Letras Galegas, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, San Valentín, Santa Icía na Catedral, Nadal na rúa, Polifonía por Quilos.