Carmina Viarum

CARMINA VIARUM
O camiño ou os diferentes camiños a Compostela foron fonte musical xacobea e canle transmisora das composicións. Na música converxen  o culto ó Apóstolo e expresións musicais populares chegadas cos peregrinos.
A ruta xacobea foi unha canle de ida e volta que conectou e difundiu tamén outras expresións artísticas de Galicia e do resto de Europa.
A construcción cultural contemporánea non é allea ao Camiño, mesmo palabras atribuidas a Ghoete (1749-1832) afirman "Europa fíxose peregrinando a Compostela".
No concerto CARMINA VIARUM, Cantar Delas interpreta  uns cantos dos camiños, composicións musicais relixiosas e profanas nun percorrido que vai da Idade Media a actualidade.