Un ano máis, Cantar Delas xunto con outros coros da nosa cidade, ambientaron e aledaron as rúas de Lugo cantando panxoliñas os días 15 e 22 de decembro dentro do programa Móvete, promovido pola área de cultura da Deputación provincial de Lugo co fin de amenizar con música as rúas de Lugo.
Neste concerto de Nadal, facemos un percorrido que nos traslada a través do galego, o alemán, o catalán, o vasco, o inglés o portugués e o francés á vivenza destas festas en outras partes do mundo.
O Nadal é unha oportunidade perfecta para cantar e facer que as festas sexan un pouco máis especiais, empapándonos de panxoliñas de diferentes idiomas de todo o noso marabilloso mundo.


