Cantardelas

A capela de Santa María acolleu o sábado, 31 de xaneiro, ás 19:30 un CONCERTO DE INVERNO organizado por Cantar Delas, coa participación, por primeira vez en Lugo, do Sexteto Vocal SondeNós de Viveiro.

 O sexteto fundado no 2012, está integrado por seis voces solistas dirixidas por Plácido Travieso e a colaboración habitual de Mariña Travieso á percusión e Teresa López como presentadora e lectora de textos. O  seu repertorio abarcou obras de distintas épocas e estilos, cunha especial presencia de arranxos e composicións de nova creación, sobre textos en galego, feitos polos propios membros do grupo Javier Díaz e Plácido Travieso o que aporta unha identidade propia  ás súas interpretacións.

Cantar Delas, dirixidas por Fernando Gómez Jácome e acompañadas por Esperanza Iglesias Méndez ao piano e Dalila Regueiro Romero ao violenchelo, desenvolveu un programa con música do Renacemento e do Barroco, destacando a estrea da composición Duo Seraphim de Catarina Assandra compositora italiana do S. XVII.

A cita musical tivo un carácter moi especial por dous motivos importantes, xa citados anteriormente, a participación por primeira vez en Lugo de SondeNós e a estrea da  peza musical, Duo Seraphim da compositora do século XVII Catarina Assandra que se incopora ao repertorio de Cantar Delas.

Cantar Delas