Cantardelas

O pasado fin de semana, día 20 de setembro de 2026 ás 20:00 h, Cantar Delas ofreceu un concerto no centro sociocultural Paco Pestana de Castroverde coa colaboración do grupo de cantareiras Trasdalomba, da propia localidade.

O título do concerto, No Ronsel das Cantareiras,  é un legado invisible, pero imborrable que as mulleres da música tradicional deixaron na identidade da música galega.

O repertorio, coidadosamente seleccionado, estivo composto integramente por pezas tradicionais galegas, interpretadas con moita emoción, tratando de transmitir a esencia popular e aportando a frescura contemporánea.

Un momento emocionante foi a colaboración do grupo de cantareiras Trasdalomba. A súa participación aportou unha enerxía desbordante e logrou contaxiar ao público da súa forza interpretativa onde era imposible non sentir a vibración da música tradicional galega.

No Ronsel das Cantareiras, non foi só un concerto, foi un acto de reivindicación e amor polo patrimonio musical galego. A mestura da sensibilidade das pezas interpretadas por Cantar Delas e a autenticidade do repertorio de Trasdalomba foi unha aportación musical moi completa para preservar a memoria oral e manter viva a música de raíz, que emocionou especialmente ao público de Castroverde.