Dentro da programación cultural das festas patronais do San Froilán, houbo unha cita imprescindible para @s amantes da música coral: a celebración por primeira vez do Festival de Corais de San Froilán 2026, no que Cantar Delas participou xunto co resto das corais de Lugo.
As actuacións tiveron lugar, o domingo 4 de outubro, na Praza de Santa María en dous pases principais ás 13:00 h e ás 18:00 h.
Cantar Delas interpretou tres pezas do proxecto musical “Cantos de raíz, da raíz do canto”: Lela de Rosendo Mato e arranxos de Fernando Gómez Jácome, Romance da lavandeira, canción tradicional e con arrranxos de Fernando Gómez Jácome e Ollos negros, peza tradicionas das Açores.
A participación de todas as corais de Lugo nestas festas patronais, que enchen as rúas de cor, festa, tradición e música, serviu para dar visibilidade aos diferentes proxectos musicais das diversas agrupacións vocais da cidade. Nun marco onde conviven a gastronomía, a verbena, e a tradición, o canto coral logrou unir a toda unha praza baixo o mesmo latexo.
Como fin de festa, todos os coros, conxuntamente co emocionado público asistente, interpretaron o Himno Galego, baixo a batuta da xovencísima Claudia Rico, directora da sección de canteira infantil do Xove Coro de Lugo.
