Cantigas Medievais
No ano 2012 o coro de voces brancas Cantar Delas emprendemos o proxecto de interpretar un repertorio fundamental, e pouco coñecido, da Música Galega, como son as Cantigas Medievais.
Con esta intención empezamos a preparar un concerto cunha pequena escolma das Cantigas de Santa María de Afonso X, o sabio e das Cantigas de Amigo de Martín Codax.
Para axeitar máis aos nosos tempos a sonoridade desta música, monódica na súa orixe, solicitamos a colaboración do grupo de música tradicional Tundal, que elaboraron uns arranxos para cada unha das pezas, dándolles o carácter de música culta e popular a un tempo, como era nos séculos XIII e XIV, cando naceron estas cantigas.
Resultado desta xuntanza saíron unha serie de concertos que amosaron en diversas vilas de Lugo a gran riqueza literaria e musical da cultura galega que posuímos os galegos. Estas Cantigas destacan por ser case as únicas das que conservamos a notación musical orixinal.
GRAVACIÓN CONCERTO (LUGO, 13/10/2012)
PUBLICACIÓN CANTIGAS MEDIEVAIS
DÍPTICO "QUANTAS SABEDES AMAR". CASA DA CULTURA "OLGA NOVO", POBRA DE BROLLÓN (04/11/2012)
DÍPTICO "QUANTAS SABEDES AMAR". CATEDRAL DE MONDOÑEDO (02/12/2012)
TUNDAL:
Antón Castro: zanfona, mandolina
Manuel Darriba: acordeón
Pedro Lucas: frauta
Miguel Díaz: clarinete, frautas
Xoán Fuertes: violín, oud, bouzouki
Xosé Luís Ansemil: percusión
CORO:
Cantar Delas
Dir.: Fernando G. Jácome
Narración: Tareixa Campo (Grupo de teatro ACHÁDEGO)