Mulleres libres, sempre
MULLERES LIBRES, SEMPRE
Neste concerto facemos un percorrido pola música dende o século XIII ata o século XX. Cada peza vai precidida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas sen saber, en moitos casos, quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.
Queremos dar a coñecer estas mulleres, o seu papel no custionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polas que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros.
Neste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres reivindicamos ás que nos precederon, aquelas que abriron camiños á longo dos séculos e que foron poñendo banzos nunha desigual escaleira que posibilitou chegar a onde hoxe estamos, lonxe aínda da igualdade real pero sen dúbida, camiño dela.
PROGRAMA DO CONCERTO
S.XIII
MARÍA BALTEIRA: a Balteira, unha vida imprecisa entre a historia, a literatura e a lenda.
"Cantiga de Santa María nº 100". Afonso X, o Sabio.
S. XIV
MARÍA CASTAÑA: Unha rebelde do século XIV que se converteu nunha lenda popular.
"Quantas sabedes amar". Cantiga de Martín Codax.
S. XV
AS ABADESAS DE TRIVES: Mulleres no exercicio do poder público, social e económico na Galicia medieval.
"Ai Santa María". Cancioneiro de palacio (1474-1516)
S. XVI
MARÍA PITA: Heroína coruñesa célebre pola defensa da cidade fronte ós ingleses.
"Que me queréis, caballero?" Cancioneiro de Palacio (1474-1516)
S. XVII
MARÍA SOLIÑA: Un tribunal inquisitorial condenouna e converteuse no símbolo do sufrimento do pobo.
"Ecco il verno". J. Brachrogge (1590-1638)
S. XVIII
AS MEIGAS: Antigas custodias da sabedoría e menciña popular.
"Romance da lavandeira". Tradicional galega
S. XIX
PEPA, A LOBA. AS SETE MULLERES DO MIÑO. O río Miño une a afouteza feminina.
"As sete mulheres do Minho". Zeca Afonso
PARDO BAZÁN: Loitadora pola igualdade nun mundo patriarcal: "O encaixe roto"
"Os teus ollos". Curros/Chané
ROSALÍA DE CASTRO. Sentimento e rebeldía: "Carta a Eduarda"
"Do mar pola orela". Curros/Batallán
S.XX
O COCIDO FAMILIAR. Núñez Singala. Os coidados, labor invisible que non se valora.
"Libre te quiero". Agustín García Calvo/Javier Busto
Narradora: Juncal Martínez Modia