Creadoras de Música
A COMPOSICIÓN MUSICAL FEMININA NA IDADE MEDIA
A composición musical feminina, na Idade Media, ten un nexo de unión que sobrepasa limites temporais e xeográficos: a escritura sobre o amor divino e humano.
A través da súa música, descubrimos, nestas mulleres, unha vontade capaz de desafiar convencións sociais e ir moito máis alá dos arquetipos do escurantismo e submisión atribuidos a esta época histórica.
(Picar aquí para ver contido en PDF)
Damas e raíñas: músicas na corte
Moitas cortes europeas, especialmente en Italia, convértense en centros de cultura musical no que as mulleres son protagonistas. As intelectuais dos séculos XV e XVI compoñen e publican as súas propias obras. Ó mesmo tempo os conventos e mosteiros femininos continúan sendo centros de instrución musical aínda que moi poucas composicións chegaron ós nosos días.
As súas obras foron,sobre todo, madrigais compostos para seren cantados a capella
(Picar aquí para ver contido en PDF)
Compositoras do Renacemento
BARROCO
O s. XVI en Europa caracterízase polos movementos reformadores, as guerras relixiosas, o estabelecemento das monarquías absolutas e o xurdimento das igrexas nacionais.
Xorde unha auténtica unión entre o espírito barroco e a Contrarreforma, primeiro en Italia, logo no resto de Europa.
Como noutros campos do saber, as mulleres tiveron dificil consagrarse á composición musical como actividade principal da súa existencia.
Tres son os ámbitos favorables para a composición feminina no Barroco :
- O lecer, accesible unicamente para as damas da corte antes do matrimonio e excepcionalmente cando o seu rango superaba o do esposo.
- A vida relixiosa mediante os votos conventuais nos que as irmás músicas debían ter a punto obras destinadas a solemnizar as celebracións relixiosas da súa comunidade.
- A difícil profesionalización que facía que a maioría optase por casar cun músico e traballar conxuntamente. Deste xeito, unha muller con calidades musicais extraordinarias, lograba do seu patrón un contrato que incluía normalmente un marido músico que acataba a condición profesional da muller compositora.
(Picar aquí para ver contido en PDF)
Compositoras no barroco
CLASICISMO. Música nos salóns.
No s. XVIII e baixo a luz da Ilustración búscase racionalizar todos os aspectos da vida e saberes humanos. Fronte ó poder absoluto do estado monárquico, lexitimado pola Igrexa, reividícanse a igualdade diante da lei, a liberdade ideolóxica e a tolerancia relixiosa. Os ideais de liberdade, igualdade e fraternidade da Revolución Francesa foron recollidos na Declaración Universal dos Dereitos do home e do cidadán de 1789, pero as mulleres quedaron excluídas desta declaración e tardarían moito tempo en ser consideradas suxeitos de dereitos. Agora ben, Olimpia de Gouges, escritora e filósofa, promoveu a Declaración Universal dos Dereitos da Muller e da Cidadá que, xunto coas súas posicións políticas, a levaron á guillotina Os salóns literarios celebrábanse en residencias da burguesía ilustrada. As súas anfitrioas acostumaban ser mulleres amantes da cultura, as salonnières. En París, capital cultural de Europa, reúnense grupos de homes e mulleres para debater ideas filosóficas e políticas onde a música estaba presente. Nos Salóns de Mdme de Roland e Mdme de Stäel foméntanse as ideas revolucionarias e negociábase o poder político. As compositoras do Clasicismo foron cantantes e instrumentistas que buscaron a independencia mediante a práctica profesional da música e o seu ensino. Impulsaron centros de estudos e academias e organizaron concertos nos seus salóns de música nos que estreaban as súas obras.
(Picar aquí para ver contido en PDF)
O ROMANTICISMO. Compositoras do s. XIX
As compositoras deste período escriben marabillosos concertos, sinfonías, misas, óperas, obras de cámara, cancións. Moitas das cancións da época son lieder que poñen música a poemas de escritoras e escritores románticos do momento ou ós seus propios.
Algunhas mulleres compositoras deste século tiveron que valerse de nomes masculinos para publicar a súa obra, outras mantiveron actividade ligada ós salóns musicais aínda que “a música dos salóns” era considerada un xénero menor fronte á verdadeira profesionalidade.
Todas elas teñen en común que tras a súa morte foron invisibilizadas como artistas, a súa música non se reeditou ou non se interpretou. Impúxose o silencio durante décadas ata ben avanzado o s. XX.
(Picar aquí para ver contido en PDF)
(En construcción)
(En construcción)