Actualidad

CONCERTO EN CHANTADA

O sábado, día 21de setembro de 2024, a igrexa de San Salvador de Asma de Chantada, pequena xoia do románico galego, acolleu un concerto do grupo vocal feminino Cantar Delas.
A igrexa románica data do século XII, posteriormente foi mosteiro nos séculos XVII e XVIII. Ten unha nave única rectángular con ábsida semicircular. No seu interior destaca o retablo maior de estilo renacentista.

ARDE LUCUS

 

Caracterizadas coas vestimentas típicas da época, as compoñentes de Cantar Delas participamos no Arde Lucus, festa para revivir o pasado romano e castrexo da cidade, cantando a canción Olhos negros para o programa da TVG “Aquí Galicia” emititido en directo dende a nosa cidade amurallada.

 

 

CONCERTO NA FONSAGRADA

O sábado 30 de marzo de 2024 ás 20:00 h, e dentro do ciclo de concertos “Con voz de muller”, organizados pola Deputación de Lugo, con motivo do 8M, o grupo coral CANTAR DELAS ofreceu no salón de actos dos Chaos de A Fonsagrada, o concerto CREADORAS DE MÚSICA, co obxectivo de dar a coñecer as composicións musicais e as súas creadoras, postergadas durante séculos á escuridade da historia.

CONCERTO SOLIDARIO

Todas as persoas que se acercaron o 16 de marzo de 2024, á igrexa de San Pedro, que presentou un cheo absoluto, puideron disfrutar do I Concerto Solidario a favor do comedor San Froilán, cun variado programa de música coral e tamén contribuir a unha causa solidaria. Este concerto forma parte dun proxecto solidario para reunir fondos para o comedor social San Froilán que ofrece servizos de comedor diario de 11 a 14 h e servizo de comida a domicilio a persoas necesitadas, “sinteito” ou imposibilitadas.

NADAL NA RÚA

Nestas datas tan especiais, as rúas do centro histórico de Lugo, volveron encherse de música. música coral, para acercar o Nadal á ciudadanía a través da polifonía. Unha cita que xa é un clásico do Nadal lucense, e na que participan todas as corais da localidade.

CONCERTO "CREADORAS DE MÚSICA" EN SAMOS

Samos, enclavado nun entorno natural privilexiado, é paso obrigado de todos os peregrinos e peregrinas que camiñan cara a Santiago e con motivo da programación, por parte do concello e a colaboración da deputación de Lugo, dos actos polo 25N, "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”, o salón de actos, do seu centro Multiusos, acolleu o concerto de Cantar Delas, Creadoras de Música.

Páxinas