CONCERTO "CREADORAS DE MÚSICA EN VILALBA"
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidenciada Deputación de Lugo, o día 9 de novembro de 2024 e no Auditorio Municipal de Vilalba, organizou o concerto de Cantar Delas, CREADORAS DE MÚSICA, co obxectivo de dar a coñecer as composicións musicais femininas e as súas creadoras que foron silenciadas durante séculos.
Baixo a dirección de Fernando Gómez Jácome a coral interpretou pezas que abarcan dende o século XII ata o século XXI.
O público asistente puido disfrutar do interesante proxecto musical onde as composicións e creacións femininas estiveron presentes en cada unha das pezas interpretadas.