Queres cantar?
Se estás interesada, unicamente terás que facer unha proba sinxela para incorporarte. Esta proba realizarase co director deste coro e consistirá en cantar unhas escalas e reproducir uns exemplos musicais, que valerán para a clasificación da túa voz e a avaliación do teu oído musical.
Este coro é unha asociación sen ánimo de lucro que se autofinanza. Unha vez superada a proba de acceso e un período de proba inicial de tres meses, é necesario aboar unha cota mensual de 18€ .
É imprescindible para formar parte deste coro a asistencia aos ensaios e o compromiso do traballo persoal na casa. As compoñentes disporán das partituras necesarias sen custo ningún e facilitaráselles o traballo proporcionando midis e gravacións.
Para máis información, contacta con nós.
Protección de datos . - ASOCIACIÓN CANTAR DELAS trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, solicitude de información, queixa, suxestión e/ou reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo solicitándoo en cantardelas@gmail.com. Consulte a información adicional e detallada en https://www.cantardelas.com.