V FESTIVAL GALICIA CANTA - VIGO

O sábado 22 de xuño de 2024 ás 17:00 horas, participamos no “V festival Galicia canta” organizado pola Coral polifónica San Roque de Vigo.
O acto tivo lugar no auditorio da AA.VV. Monte da Mina de Castrelos en Vigo e participamos catro corales, unha por cada provincia galega: Coral Polifónica Estelas do Mar de Mugardos de A Coruña, Cantar Delas de Lugo, Coral Polifónica Voces e Cordas Sobrado do Bispo de Ourense e Coral Polifónica San Roque de Vigo, de Pontevedra.
Foi unha tarde cargada de música coral, na que experimentamos un gran placer compartindo escenario, bo ambiente musical e saborosas tapas cos compoñentes de todas as corais e coa amable presencia dun público excelente e participativo.
Aproveitamos a viaxe a Vigo para disfrutar dunha fin de semana cultural como peche das actividades musicales do curso 2023-2024.
Pola mañá, antes de chegar a Vigo, fixemos un alto en Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro. Realizamos un percorrido polos distintos acontecimentos que marcaron a vida e obra de Rosalía coas interesantes explicacións dunha persoa esperta na vida e obra de Rosalía de Castro, irmá dunha compoñente do noso grupo coral. No interior da casa cantamos con entusiasmo e devoción “A Negra Sombra” poema de Rosalía de Castro incluído no seu libro “Follas Novas” e música de Xoán Montes, coetáneo de Rosalía, nado en Lugo. No exterior, diante mesmo da casa, cantamos “Do mar pola orela” poema escrito por Curros Enríquez e dedicado a Rosalía de Castro, a quen admiraba profundamente, música de Luis Emilio Batallán, con arranxos para coro de Julio Domínguez e dirixidas, como sempre, polo noso director Fernando Gómez Jácome.
Ao día seguinte, domingo de sol e luz de verán, visitamos a fermosa illa de San Simón que pertence á parroquía de Cesantes en Redondela. Esta illa que é agora un museo natural e importante foco de actividad cultural, tivo un pasado terrible como lazareto e campo de concentración durante a guerra civil. O primeiro que vimos ao desembarcar foi unha escultura en homenaxe aos trobadores da ría de Vigo: Johan de Cangas, Mendiño e Martín Codax, autores das cantigas de amigo. Alí mesmo cantamos “Quantas sabedes amar amigo” de Martín Codax. S.XIII-XIV e Beata es Virgo María de Josu Elberdin.
Rematamos, a xornada do domingo, compartindo comida na Praia de Senantes, con cánticos incluídos á hora dos postres e do café.
Unha fin de semana intensa de convivencia, de música e cultura para celebrar o fin de curso da coral.