Actualidad

CONCERTO "CREADORAS DE MÚSICA" EN SAMOS

Samos, enclavado nun entorno natural privilexiado, é paso obrigado de todos os peregrinos e peregrinas que camiñan cara a Santiago e con motivo da programación, por parte do concello e a colaboración da deputación de Lugo, dos actos polo 25N, "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”, o salón de actos, do seu centro Multiusos, acolleu o concerto de Cantar Delas, Creadoras de Música.

XII CONCERTO DA LEMBRANZA

O día 8 de novembro de 2023, na Capela do Cemiterio de San Froilán de Lugo, celebrouse o XII Concerto da Lembraza que tivo unha gran acollida e que contou con gran afluencia de público . Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de actuacións que teñen por obxecto a integración do cementerio na vida social e cultural da cidade. Música, poesía, dedicatorias de lembrazas e queima de desexos, conformaron as actividades deste día.

ENSAIO EN VILAR DE DONAS

ENSAIO EN VILAR DE DONAS

Con motivo da celebración do remate de ensaios e proxectos musicais ata a próxima temporada, en setembro, o pasado día 26 de xuño de 2023, tivemos o enorme pracer de cantar na igrexa de San Salvador de Vilar de Donas que foi edificada no século XII e é a única parte que se conserva do antigo mosteiro feminino que houbo neste lugar.

PRIMAVERA CORAL DE CHANTADA

Coa organización da Coral Polifónica de Chantada, a colaboración do Concello de Chantada e o patrocinio da Deputación deLugo, o día 13 de maio de 2023, no Auditorio Municipal de Chantada, tivo lugar un “Concerto de Voces Brancas” no que participaron, O Obradoiro coral de voces brancas de Chantada, O coro infantil da Academia (ensinanza musical dende idades temperás) e Cantar Delas.

Stabat Mater de Haydn

O 1 de abril na catedral, o 2 e o 16 de abril na Igrexa de san Pedro de Lugo, compoñentes de Cantar Delas, do Coro do Hospital Xeral, do coro de Fingoi e Solo Voces paricipamos nun interesante proxecto musical xunto coa orquestra xove de Lugo, Terra Nova, dirixida por Nicolás Ravelli Barreiro e Carmen Ferreiro, como asistente de dirección.

Páxinas