DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 

 

Con moitas actividades musicais e culturais, celébrouse en Lugo o día das Letras Galegas, que chega á súa 60 edición, rendíndolle homenaxe ao traductor, novelista, historiador, periodista ensaista e tamén editor, Francisco Fernández del Riego.

Para celebrar este día das Letras galegas, os coros de Lugo participamos nun emotivo acto con concertos, por diversos puntos da cidade, en homenaxe a Francisco Fernández del Riego, despois das intervencións musicais dos distintos grupos vocais, e como acto final, xuntamos todas as voces para cantar en harmoniosa irmandade, a Negra Sombra con letra de Rosalía de Castro, música de Xoán Montes e dirixida por Esperanza Iglesias e o Himno galego con letra de Eduardo Pondal, música de Pascual Veiga e dirixido por Fernando Gómez Jácome.