CELEBRACIÓN DE SANTA ICÍA, PATROA DOS MÚSICOS
O mércores, 22 de novembro de 2023, pola celebración de Santa Icía, patroa da música, fomos invitados todos os coros de Lugo a participar nunha misa coral, na Catedral de Santa María de Lugo, ás 20:00 h.
As harmoniosas voces de todas as persoas particiantes encheron cada rincón da basilica de música marabillosa. Cada coral participante aportou a súa versión particular dunha peza de carácter sacro, preparada para o solemne acto. No noso caso, cantamos ao comezo da homilía o Laudate Dominum, fermosa versión coral para voces brancas de Julio Domínguez.