Actualidad

CULTURA E TURISMO DE LUGO FAISE ECO, NAS SÚAS REDES SOCIAIS, DA HOMENAXE A CARVALHO CALERO DE CANTAR DELAS POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na páxina de facebook de Cultura e Turismo de Lugo aparece a noticia referida ao grupo Cantar Delas, único grupo coral de voces brancas da provincia de Lugo, agrupando a 28 voces femininas, que fai homenaxe a Carvalho Calero polo día das Letras Galegas 2020, con un emotivo vídeo dun poema de Rosalía de Castro titulado Do mar pola orela, con música de Luís Emilio Batallán e arranxo de Fernando Gómez Jácome.

Desde o confinamento Cantar Delas fai unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Nas  Letras Galegas 2020 e desde o confinamento

A nosa homenaxe a Carvalho Calero, figura fundamental da cultura galega, un elo entre as manifestacións culturais e sociais anteriores a 1936 e a recuperación tras a democracia. Represaliado no franquismo, mantivo un intenso labor que canalizou a través do ensino, das colaboracións na prensa e da investigación sobre lingua e literatura.

 

CONCERTO EN VIVEIRO

O Domingo 11 de agosto, organizado  pola Coral Polifónica Alborada de Viveiro e patrocinado polo Excmo. Concello de Viveiro e polo FECOGA, celebrouse o XXXV FESTIVAL DE MÚSICA CORAL na vila de Viveiro.

As corais participantes foron: Coral Airiños de Campañó de Pontevedra, Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo, Cantar Delas, Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

Ademais contouse coa colaboración especial da soprano Noa Outumuro González,acompañada ao piano por Ricardo Blanco Rodríguez.

LETRAS GALEGAS 2019

Paseo literario coas corais de Lugo

   Arrincará ás 18:00 horas, e percorrerá a rúa Bispo Aguirre e a Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe nestes espazos. Actuarán 9  agrupacións: a Coral Lugh, a Coral Xolda, o Orfeón Lucense, o Coro do Hospital, a Coral E. do Miño, Cantar Delas, a Asociación Amigos do Camiño, Orfeón Xoán Montes e o Grupo Sólo Voces. Terá unha duración de 90 minutos e contará co xornalista Paco Nieto como presentador do concerto.

NOTA: se chove os concertos trasladaranse ao edificio do Vello Cárcere.

 

Páxinas