CONCERTO "CREADORAS DE MÚSICA" EN SAMOS
Samos, enclavado nun entorno natural privilexiado, é paso obrigado de todos os peregrinos e peregrinas que camiñan cara a Santiago e con motivo da programación, por parte do concello e a colaboración da deputación de Lugo, dos actos polo 25N, "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”, o salón de actos, do seu centro Multiusos, acolleu o concerto de Cantar Delas, Creadoras de Música.
O salón de actos encheuse de numerosos veciños de toda a comarca que disfrutaron deste singular concerto onde a muller é a protagonista.
Mulleres creadoras é un proxecto musical, organizado por Cantar Delas co obxectivo de dar a coñecer as composicións musicais e as súas creadoras, postergadas durante séculos á escuridade da historia.