CONCERTO SOLIDARIO
Todas as persoas que se acercaron o 16 de marzo de 2024, á igrexa de San Pedro, que presentou un cheo absoluto, puideron disfrutar do I Concerto Solidario a favor do comedor San Froilán, cun variado programa de música coral e tamén contribuir a unha causa solidaria. Este concerto forma parte dun proxecto solidario para reunir fondos para o comedor social San Froilán que ofrece servizos de comedor diario de 11 a 14 h e servizo de comida a domicilio a persoas necesitadas, “sinteito” ou imposibilitadas.
O recital foi ás 20:30 horas e reuniu a catro corais de Lugo: Ecos do Miño. Astelu, Cantar Delas, Orfeón Xoán Montes e Amigos do Camiño de Santiago.
Foi unha boa ocasión para disfrutar da música coral que se fai na nosa cidade e tamén de mostrar a nosa solidariedade e apoio a esta entidade social con donativos que serán destinados ao comedor O concerto rematou cunha emotiva interpretación conxunta, público e máis interpretes, da canción popular galega A virxe de Guadalupe.