INTERCAMBIO COA CORAL DE GIJÓN ROSARIO DE ACUÑA
O día 16 de novembro de 2024 ás 19:00 horas e na Capela de Santa María de Lugo, compartimos escenario dúas corais compostas íntegramente por mulleres, a coral Rosario de Acuña de Gijón e Cantar Delas de Lugo, co obxetivo de intercambiar música coral, estreitar lazos de unión e compartir repertorio musical.
O intercambio deu comezo coa actuación do coro Rosario de Acuña, que leva o nome dunha librepensadora madrileña que en 1909, aceptou a invitación do Ateneo de Gijón para residir na vila, quedando ligada á súa historia e deixando unha herdanza de progresismo.
Baixo a batuta de María Isabel Ramos González, o coro interpretou, entre outras pezas, Lela de Rosando Mato e o coñecido bolero, Piel Canela de Chabuca Granda.
A continuación, Cantar Delas, e baixo a dirección de Fernando Gómez Jácome interpretou diversas pezas que corresponden a distintos proxectos musicais, como: Unha mañá de setembro da compositora galega Sés e harmonizada por Fernando G. Jácome ou Alalá das Mariñas, popular e arranxada por Ana Vázquez Silva.
Para finalizar interpretamos conxuntamente e dirixidas por María Isabel Ramos González, a peza galega, Compañeira, de X. L. Rivas Cruz, arranxada para coro polo noso director Fernando G. Jácome.
Como remate houbo unha entrega de ramos de flores ao director e á directora de cada unha das corais femininas e un agasallo dunha bolsa de tela para todas as participantes. A bolsa leva impreso, en malva, o logo de Cantar Delas na parte de diante e o verso "no bico un cantar", na parte de atrás.
Culminou o intercambio coral cunha animada cea onde confraternizamos e compartimos comida e cantos.