PANXOLIÑAS NA RÚA

PANXOLIÑAS NA RÚA
Un ano máis as rúas de Lugo enchéronse de cantos de Nadal.
Dende o día 9 de decembro e ata o día 7 de xaneiro a música coral estivo presente nas rúas do centro da cidade e tamén nos barrios.
As distintas corais de Lugo realizaron concertos de panxoliñas en distintos emprazamentos ó aire libre, ofrecendo os seus variados repertorios, nestas festas do ano, tan especiais.
Cantar Delas foi a coral que iniciou estes recitáis de música de Nadal, interpretando un repertorio de panxoliñas que inclúe desde cantos tradicionais ata pezas de outras culturas.
Esta iniciativa promovida pola área de cultura da Deputación de Lugo, dentro do programa Móvete 2024, dinamiza as rúas da cidade e contribúe ao funcionamento das distintas agrupacións corais que manteñen viva a actividade musical e cultural e aportan animación, enchendo as rúas de Lugo de calor e de color.