CONCERTO EN CHANTADA

O sábado, día 21de setembro de 2024, a igrexa de San Salvador de Asma de Chantada, pequena xoia do románico galego, acolleu un concerto do grupo vocal feminino Cantar Delas.
A igrexa románica data do século XII, posteriormente foi mosteiro nos séculos XVII e XVIII. Ten unha nave única rectángular con ábsida semicircular. No seu interior destaca o retablo maior de estilo renacentista.
As voces, das compoñentes do grupo feminino, enchenron a antiga igrexa románica, de música e poesía, interpretando un variado e amplo repertorio de música tradicIonal e de autor/a, de temática tanto relixiosa, como profana, facendo un percorrido dende a música gregoriana ata a contemporánea.
Algunhas destas pezas, en concreto, sete, xunto ca que se cantou ao rematar o concerto, forman parte do último proxecto musical do coro, “Creadoras de música” onde se cantan pezas feitas por mulleres dende a antigüidade ata a actualidade .


O concerto estivo organizado pola Asociación cultural Amigos Igrexa San Salvador de Asma, coa colaboración do Concello de Chantada, que tiveron a amabilidade de agasallar a cada unha das compoñentes así como ao director cun espléndido ramo de flores brancas e tamén folletos informativos sobre Chantada e o seu patrimonio.