Desde o confinamento Cantar Delas fai unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Nas  Letras Galegas 2020 e desde o confinamento

A nosa homenaxe a Carvalho Calero, figura fundamental da cultura galega, un elo entre as manifestacións culturais e sociais anteriores a 1936 e a recuperación tras a democracia. Represaliado no franquismo, mantivo un intenso labor que canalizou a través do ensino, das colaboracións na prensa e da investigación sobre lingua e literatura.

Defendeu a unidade lingüística galego-portuguesa e a necesidade de planificar, desde o consenso, a aproximación ao tronco común luso-afro-brasileiro. Foi a gran figura do reintegracionismo galego.

Carvallho Calero viviu en Lugo onde foi profesor e director do Colexio Fingoi. Estes versos recollen un fragmento do poema dedicado ó parque Rosalía de Castro.

La baixo vai o Miño, Presidente

da Unión de Rios da Terra.

A paisage galega

destacou duas ringleiras de ameneiros

para cubrir-lle a carreira.

 

As torres da catedral,

lamentando que non se deteña,

renden-lle desde longe  homenage

do seu sorriso de pedra.

 

Lugo, en lembranza do seu paso,

feira-lle un peite de honor –a ponte-

para peitear as suas barbas crechas.

 

Na nosa lembranza sempre Rosalía, autora universal. Nos  seus versos  latexa o sentir dos galegos e galegas,  é a voz feminina que reflexiona sobre a condición humana e en contra das inxustizas. Reivíndícase  como  muller escritora, incomprendida e adiantada á época que lle tocou vivir.

Velaquí a nosa homenaxe