Stabat Mater de Haydn
O 1 de abril na catedral, o 2 e o 16 de abril na Igrexa de san Pedro de Lugo, compoñentes de Cantar Delas, do Coro do Hospital Xeral, do coro de Fingoi e Solo Voces paricipamos nun interesante proxecto musical xunto coa orquestra xove de Lugo, Terra Nova, dirixida por Nicolás Ravelli Barreiro e Carmen Ferreiro, como asistente de dirección.
Trátase do Stabat Mater de Joseph Haydn, obra para coro e orquestra, na que ademáis de participar compoñentes de cinco coros de Lugo, tamén participaron solistas de distintos puntos xeográficos (soprano, mezzosoprano, tenor, barítono/baixo) e tamén Fernando G. Jácome, Paloma Suances e Irene G. Magaña, como preparadores das distintas cordas vocais
Resultou unha experiencia enriquecedora e moi emocionante.