CONCERTO DE SANTA ICÍA
O día 23 de novembro ás 13:00 horas, foi a celebración de Santa Icía, patroa da música, nun acto celebrado na Catedral de Santa María de Lugo que consistiu na celebración dunha Eucaristía Solemne, na que participaron con seus cantos relixiosos as seguintes corais: Coral dos Amigos do Camiño, Coral Xolda, Coro do Hospital, Coro de San Francisco Javier, Orfeón Lucense e Cantar Delas.
Todas as corais participantes mostraron a calidade das súas interpretacións e os seus repertorios, enchendo a catedral de emoción e boa música.