CONCERTO CREADORAS DE MÚSICA, LUGO
Voces de mulleres cantando cancións compostas por mulleres.
O día 24 de novembro de 2024, véspera do día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, ás 19:00 horas, no patio do Vello Cárcere, Cantar Delas, ofreceu un concerto que comenzou coa compositora do Século XII, Hildegarda von Bigen e rematou coas compositoras contemporáneas: Modesta Bor, Marisa Manchado, Beatriz Corona, Eva Ugalde e a compositora galega Sés.
Este concerto encádrase no marco do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia conta as mulleres, co fin de reivindicar as mulleres compositoras, pois silenciar a aportación feminina aos distintos saberes e unha forma de violencia, é violencia simbólica.