CANTAR DELAS EN TRIACASTELA

O sábado 28 de maio de 2022, estivemos na igrexa parroquial de Santiago de Triacastela interpretando o noso concerto "Carmina Viarum",

Triacastela é parada obrigada do peregrino a Santiago xa dende o século XII tal como relata o Códice Calixtino e forma parte do camiño francés, polo que o peregrino actual, neste ano Xacobeo 2022, atento  ás diferentes manifestacións culturais da zona, así como numerosos habitantes da localidade, fixeron un alto no camiño para escoitar na  igrexa de Santiago de Triacastela,  o concerto de Cantar Delas, Carmina Viarum , en torno aos cantos do camiño, unha interesante mostra de composicións musicais relixiosas e profanas, nun percorrido que vai dende a Idade Media ata a actualidade. O evento musical estivo patrocinado pola área de cultura da Deputación de Lugo.