INTERCAMBIO CORAL CO CORO DI CORE DE ALCALÁ DE HENARES

O pasado día 22 de outubro, Cantar Delas e Coro di Core estreitaron lazos musicais nun intercambio coral celebrado no Círculo das Artes de Lugo, como resposta ao celebrado o día 25 de xuño en Alcalá de Henares, resultando una experiencia gratificante e moi positiva.

O numeroso público que enchía o salón rexio, escoitou os diferentes reportorios con emoción, especialmente a actuación conxunta das dúas corais interpretando una canción anónima do século XVIII do cancioneiro de la Sablonara e outra popular galega.

Ademais de disfrutar compartindo música, tamén houbo tempo para que os nosos invitados e invitadas fixeran un percorrido cultural pola nosa cidade para rematar confratenizando e degustando a gastronomía galega, aderezada, como sempre, pola música.

Esperamos poder repetir en outras ocasións experiencias semellantes, tan interesantes e motivadoras.

Interpretación conxunta das Seguidillas en eco, anónimo do S. XVII, dirixidas por Íñigo Gibert, director do Coro di Core